Skip to main content

A candidata de CS, Olga Louzao, aposta por xerar emprego para fixar poboación. A iniciativa ten por obxectivo combater o paro xuvenil e posibilitar a emancipación real da mocidade a nivel local. O plan inclúe medidas como un plan emprego e formación coordinado con empresas e institucións colaboradoras. Tamén axudas ao emprendemento xuvenil para afrontar o pago de cotas á Seguridade Social durante os seis primeiros meses

Lugo, 26 de mayo de 2023.-A voceira municipal de CS, Olga Louzao, anunciou esta mañá que porá en marcha antes de que remate o ano o seu Plan municipal para a inclusión da mocidade no tecido empresarial lucense. «É necesario que desde o Concello sexamos capaces de xerar emprego. Na última década, case 50.000 mozos e mozas marcharon da nosa comunidade. Lugo ten unha das taxas de natalidade máis baixas de todo o país. Nos últimos anos seguimos a perder poboación nova e vemos como os nosos fillos e fillas teñen que marcharen busca de oportunidades laborais acordes a súa formación. Lamentablemente, Lugo lidera todas estas estatísticas negativas a nivel galego. O próximo Goberno implicarase neste asunto, temo un plan deseñado para fixar poboación nova a través do fomento do emprego de calidade», sinalou a concelleira da formación liberal.

«Apostamos por un plan de emprego e de formación xuvenil consensuado e pactado con empresas e institucións colaboradora co fin de diminuír a taxa de paro xuvenil na cidade e aumentar a súa inserción laboral, adaptando a formación á demanda laboral específica do noso tecido empresarial. Ademais, o noso paquete de medidas inclúe axudas ao emprendemento para afrontar o pago de cotas á Seguridade Social durante os seis primeiros meses para mozos e mozas lucenses que desexen iniciar o seu negocio», afirmou a alcaldable.

«Os datos revelan taxas máis baixas de emprego, emancipación, propiedade da vivenda, natalidade e en calidade de vida en comparación coa xeración anterior. Por iso propoñemos tamén crear e dotar orzamentariamente unha axuda ao aluguer para que persoas novas poidan acadar unha emancipación real en Lugo. Apostamos tamén por aumentar a súa participación nas decisións municipais elaborando do regulamento de funcionamento do Consello da Mocidade, para que sexa o máis participativo posible como así nos reclaman os nosos mozos en cada un dos encontros que mantemos cos distintos colectivos. A súa opinión debe ser fundamental. Nos e pode facer políticas para a mocidade ao marxe da mocidade», proseguiu.

«Como administración local, temos que ter presente que o futuro das xeracións máis novas será tamén o futuro da nosa cidade. A poboación máis nova debe percibir e comprobar que o seu futuro nos preocupa e importa como representantes públicos e que eles poden e deben ser un dos motores de cambio e de avance na nosa cidade» concluíu Louzao.