Olga Lozuao aposta por recuperar o programa de concertos didácticos para o próximo curso. A candidata tamén se comprometeu introducir reduccións no IBI para Galerías de arte, salas de cine e salas de concertos así como bonificacións fiscais para creadores culturais autónomos
Lugo, 16 de mayo de 2023.-A candidata a alcaldía por CS, Olga Lozuao, reuniuse está mañá con traballadores da Banda municipal de música cos que se comprometeu a dotar á formación dos recursos humanos e materiais necesarios para poder desenvolver a súa actividade en condicións. «Se de algo podemos presumir na nosa cidade é de contar cunha banda de música con máis de 150 anos de historia, moi valorada por toda a sociedade lucense. Desgraciadamente levamos máis de 7 anos sen poder gozar dos seus concertos porque nestes últimos catro anos tanto o BNG como o PSOE foron incapaces de recuperar a súa actividade e na acutalidade continúa sen director. Segundo Arroxo, desde a área de Cultura estes anos impulsouse aos artistas lucenses, pero non a todos, porque está claro que se lles esqueceu totalmente recuperar e por en valor a Banda. Non fixeron nada incumprindo así o seu programa e asúa palabra», afirmou.
Louzao manifestou a súa intención de que a Banda recupere a súa faceta como canle divulgadora do noso patrimonio artístico. Para isto, aposta por recuperar os concertos pedagóxicos. O obxectivo para o vindeiro curso e que os músicos poidan levar a cabo esta actividade en todos os colexios do municipio que así o soliciten e poidan actuar nos barrios da cidade. «Os concertos pedagóxicos xa funcionaron con moito éxito en cursos pasados antes de que a xestión do BNG rematara por desmantelar a Banda municipal. O obxectivo desta actividade é introducir aos nosos escolares no mundo da música a través dunha lúdica pero a mesmo tempo formativa. Deste xeito poderemos espertar o seu interese pola Escola de música a excelente formación que alí se está a impartir», sinalou.
Dinamizar a esfera cultural da cidade a través de bonificacións fiscais
A alcadable anunciou tras o encontro a súa intención de introducir reduccións no IBI para Galerías de arte, salas de cine e salas de concertos así como bonificacións fiscais para creadores culturais autónomos para dinamizar a esfera cultural da cidade. «É necesario sustentar a rede cultural da cidade permitindo que os espazos culturais conten cunha menor carga fiscal evitando así os eu peche e dinamizando a creación cultural. É necesario contar cun tecido cultural activo que teña capacidade para xerar unha oferta que enriqueza a vida cultural en Lugo. Asemade apostamos por bonificacións nas taxas e impostos municipais para os creadores culturais favorecendo a súa labor e permitindo o autoemprego», concluíu.