Skip to main content

A alcaldable de Cs, Olga Louzao e o concelleiro Juan Vidal-Pardo, participaron esta mañá na manifestación convocada polos gandeiros de Suprema ante o descontento coa Xunta de Galicia.

Lugo, 11 de mayo de 2023. A candidata de CS a la alcaldía, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo uníronse esta mañá á manifestación organizada polos gandeiros cárnicos de Lugo, que solicitan un prezo xusto para a carne, que cubra os custos de produción. Outras das reivindicacións do colectivo son os problemas que teñen para acceder as novas axudas da PAC, especialmente os gandeiros cárnicos en extensivo, e a inacción das administracións implicadas. «Meu marido é gandeiro do cárnico, polo que coñezo perfectamente as condicións dun colectivo enormemente maltratado, como é o dos gandeiros. Por iso esta mañá, coma sempre, me unín as protestas dos produtores de Suprema», explica a alcaldable.

«O sector primario é vital para noso municipio e para a nosa provincia, é un enorme xerador de emprego e de infraestrutura, conseguindo ademais que a xente non deixe o rural e que as persoas novas teñan traballo. Non hai que esquecerse que Lugo está formado por 54 parroquias e os gandeiros deben ser un motor económico esencial para a nosa cidade. Son un servizo completamente vital para a nosa poboación, por iso é non é compresible o maltrato que sofren, tendo que vender por debaixo dos custes de produción, pero a Xunta de Galicia está provocando esta situación», afirma Louzao.

A pesar das reivindicacións dos gandeiros, a Xunta de Galicia non levou a cabo ningunha medida para axudar a este sector. «As administracións teñen que loitar polo benestar dos seus cidadáns, por iso non podemos entender que dende a Xunta de Galicia non se faga nada para axudar a un sector tan importante. A Xunta ten que dar un paso adiante e axudar a estes gandeiros, non abandonalos», asevera la candidata.

«Dende Ciudadanos queremos que a carne se inclúa entre os alimentos de primeira necesidade, reducindo ou eliminando o IVA, ao ser unha comida básica para os nenos e nenas no seu desenvolvemento. Tamén esiximos á Xunta de Galicia poña en funcionamento o observatorio de carne e a AICA, sendo os organismos capaces de evitar que se siga vendendo a perdidas», propón Louzao.