La portavoz municipal de CS, Olga Louzao, se reunió con la Asociación de Mujeres Empresarias de Lugo donde trataron los numerosos problemas para emprender que encuentran las empresarias de la ciudad
Lugo, 19 de abril de 2023.- A voceira municipal de CS, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo presentará ao pleno do próximo xoves un Plan municipal para a inclusión da mocidade no tecido empresarial lucense. «Na última década, case 50.000 mozos e mozas marcharon da nosa comunidade.Lugo ten unha das taxas de natalidade máis baixas de todo o país. Nos últimos anos seguimos a perder poboación nova e vemos como os nosos fillos e fillas teñen que marchar para traballar. Lamentablemente, Lugo lidera todas estas estatísticas negativas a nivel galego. É necesario que a administración local se implique neste grave problema silenciado», sinalou a concelleira da formación liberal.
O paquete de medidas proposto por Louzao inclúe axudas ao emprendemento xuvenil para afrontar o pago de cotas á Seguridade Social durante os seis primeiros meses ou un plan de emprego e de formación xuvenil consensuado e pactado con empresas e institucións colaboradoras co fin de diminuír a taxa de paro xuvenil na cidade e aumentar as súas oportunidades e a súa inserción laboral, adaptando a formación á demanda laboral específica do noso tecido empresarial.
«Esta situación ten importantes consecuencias no transcurso da súa formación e posterior inserción laboral. Os datos revelan taxas máis baixas de emprego, emancipación, propiedade da vivenda, natalidade e en calidade de vida en comparación coa xeración anterior. Por iso propoñemos Crear e dotar orzamentariamente unha axuda ao aluguer para que persoas novas poidan acadar unha emancipación real en Lugo. Apostamos tamén por aumentar a súa participación nas decisións municipais elaborando do regulamento de funcionamento do Consello da Mocidade, para que sexa o máis participativo posible como así nos reclaman os nosos mozos en cada un dos encontros que mantemos cos distintos colectivos. A súa opinión debe ser fundamental. Non se pode facer políticas para a mocidade ao marxe da mocidade», proseguiu.
«Debemos desenvolver o potencial de Lugo espazo universitario, reforzando os vínculos coa USC á hora de pór en marcha iniciativas dirixidas á poboación universitaria. Como administración local, temos que ter presente que o futuro das xeracións máis novas será tamén o futuro da nosa cidade. A xuventude debe percibir e comprobar que o seu futuro nos preocupa e importa como representantes públicos e que eles poden e deben ser un dos motores de cambio e de avance na nosa cidade» concluíu Louzao.